V Xornadas Galegas de Saúde Sexual, tantas sexualidades como persoas

132

“Tantas sexualidades como persoas” Baixo esta frase inclusiva decorrerá os próximos días 6 e 7 de novembro as V Xornadas Galegas de Saúde Sexual, segundas que teñen lugar en Pontevedra e que presentaron hoxe o doutor Manuel Varela Salgado e o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.

Un amplísimo programa de 18 sesións entre obradoiros, mesas redondas, conferencias e relatorios adicados a interesantes temas como a sexualidade para as persoas con discapacidade, para as persoas maiores, a relación entre a contracepción e desexo, a sexualidade despois do parto, a relación entre a sexualidade e o solo pélvico, a sexualidade e a violencia na adolescencia e a cultura trans e a reasignación sexual.

Tamén participará unha actriz e directora, Eugenia Romero, que falará sobre sexualidades des-xeneradas e realizará o que chaman “striptease de xénero” e celebrarase unha mesa redonda sobre a realidade trans. No capítulo de obradoiros dedicaranse á sensitividade corporal e expresión afectiva, á xoguetería erótica, ao entrenamento para flirtear a cegas, á fisiosexoloxía, á sexualidade na diversidade funcional, ademáis do streaptease de xénero.

Podes consultar aquí o programa completo

https://sogasex.com/Files/2015/VXORNADAS/Programa_GL.pdf