María Aquilina, 104 razóns para que a reciba o alcalde

306

Ten 104 razóns para que o alcalde de Pontevedra poña a garabata e abra o seu despacho para recibila como o merece. María Aquuilina Alonso Pérez compartiu charla e brincadeiras con Miguel Fernández Lores no seu 104 aniversario como a ela lle gusta, cos “paparazzi” de testemuñas.

Coqueta, vital e co bo humor de sempre, María Aquilina só lamentou ter que achegarse ao Concello en cadeira de rodas, que deixou de lado para entrar no despacho da Alcaldía apoiada no seu ben querido alcalde con que saíu despois da recepción oficial para tomar xuntos o vermú.

María Aquilina, que estivo acompañada por unha sobriña, é segunda persoa de máis idade rexistrada no padrón municipal de Pontevedra. Só unha veciña do Marco lle supera en idade: ela xa cumpriu os 105.