O Concello executará 2 millóns de euros este ano en distintas obras no rural pontevedrés

123

O concelleiro delegado da área do rural, Demetrio Gómez presentou esta mañá na Comisión de Obras, Mobilidade, Infraestruturas e Servizos os proxectos no rural que o Concello pretende realizar antes de final de ano. Trátase dun investimento de 2.039.073,51euros que se realizarán tanto en traballos de sostemento do rural, no núcleo de centralidade parroquial de Salcedo e tamén en obras de accesibilidade e mobilidade en todas as parroquias.

Os traballos de sostemento, valorados en 250.000 euros, son principalmente repacións nas vías e elementos púbicos no rural pontevedrés e se traballa, a maior parte das veces, a petición dos propios veciños.

No núcleo de centralidade parroquia de Salcedo farase un investimento de 397.398,51euros. Este proxecto abrangue as rúas que hai entre as dúas entradas do cemiterio e circunda toda a parcela do parque, do centro social -que se está a construír- e da casa do monte; tamén calma e confina o tráfico na parte máis alonxada da praza; xera un percorrido peonil que se integra na praza do centro social e aproveita os valores patrimoniais da zona (parque, muro, casa, etc). Ademais transporta ao rural os estándares de calmado de tráfico, prioridade do tránsito peonil, que se usan na cidade e que xa se reproduciron na praza de Cabaleiro, en Campañó.

Por outra banda, na parroquia de Salcedo tamén se está a pór en marcha un proxecto de remodelación do tráfico aprobado polo Consello Parroquial e incluído dentro do Plan de Parroquial.

Por último, o tamén se farán obras de mellora da mobilidade e da accesibilidade en vías de plataforma única con configuración de estradas e sen tráfico peonil abondo para calmar a velocidade dos vehículos, polo tanto precisan lombos salvavidas.

Tamén se reconstrúen os muros de sostemento da vía; proxéctanse as drenaxes e conduccións de auga (drenaxes soterradas, canaletas na beiravía, conduccións previas); revísase a presenza de servizos e aténdese ao seu mantemento (o máis complexo, as levadas de auga das comunidades); constrúese o novo firme e a capa de rodadura; constrúense os lombos salvavidas; e pintado e sinalización.

As parroquias nas que se executarán estes proxectos son as seguintes:

OBRA ORZAMENTO
Filgueira (Santo André de Xeve) 152.941’83€
Sobral (Santo André de Xeve) 90.484’34€
O Cruceiro (Salcedo) 134.639’63€
Lusquiños (Tomeza) 90.488’18€
Sabarís (Campañó) 241.986’23€
A Piolla (Lérez) 190.001’23€
A Gándara (Lérez) 241.134’40€
A Carballeira (Lourizán) 250.000,00 €
TOTAL 1.391.675’84€