O Centro Sur organiza mañá, 26 de setembro, unha xornada de portas abertas a todos os veciños de Pontevedra que queiran coñecer as súas instalacións. A concelleira delegada do barrio de Campolongo, Carmen Fouces presentou esta mañá a xornada en compañía dos responsables dalgunhas das asociacións que teñen a súa sede neste novo centro cultural. Están instalados no Centro sur:
- Asociación de veciños Amigos de Campolongo
- Asociación de veciños Salcedo Norte
- Coral Polifónica
- Coro de Maiores
- Sociedade Galega de Antropoloxía
- Cineclub
- Fondo Galego de Cooperación / IGADE /Fundación Plácido Castro.
Estas asociacións queren presentar a toda a cidadanía o seu traballo, polo que a partir das 18.30 horas ofrecerán un pincho aos asistentes e tamén está prevista a actuación de dos dous coros do Centro, así como a presentación de obradoiros que organizan estas entidades.