Asemblea aberta para recoller ideas para o futuro parque periurbano da Fracha

173

O Concello de Pontevedra convoca este xoves, 17 de setembro, unha asemblea aberta a todas as persoas interesadas en contribuír a dar ideas para a creación do futuro parque periurbano da Fracha. Será a partir das 21.00 horas na Casa da Cultura de Marcón.

A esta asemblea xa están convocadas as comunidades de montes implicadas no proxecto: Canicouva, Marcón e Tomeza, así como empresas do sector forestal, e entidades e colectivos vinculados ao uso e aproveitamento do monte como entidades deportivas, da Universidade…

O obxectivo desta reunión aberta a todos os interesados, é presentar a idea do parque forestal da Fracha e iniciar o proceso social de recolla de ideas e suxestións para a elaboración do proxecto.