Hefesto grava un Spot durante as festas

156

A Casazul, pertencente á concellería de Benestar Social Municipal do concello de Pontevedra contínua co HEFESTO, programa adicado á normalización dos/as veciños e veciñas con discapacidade de Pontevedra.

Os vindeiros luns, martes e mércores, vai realizar a gravación dun SPOT sobre a cidade buscará localizacións da nosa cidade dende o punto de vista máis inclusivo.

A gravación busca diferentes espazos e intres polo que se realizará en horario de mañán, de tarde e de noite, aproveitando que estamos nas festas da Peregrina e que o ambiente é totalmente festivo na cidade.

Este SPOT se presentará por primeira vez o día 3 DE DECEMBRO, día internacional das persoas con discapacidade, ás 20.00 horas no Teatro Principal xunto co making off de todo o acontecido no Hefesto 2015.