Un total de 197 persoas traballarán estes días directamente nos distintos dispositivos de festas na semana grande do verán pontevedrés. Seguridad, limpieza, prevención sanitaria e inspeccións de aparatos de diversión son os principais capítulos destes dispositivos que hoxe presentou a concelleira de Festas, Carme da Silva.
A Policía Local aumenta un 115% os seus efectivos habituais, con 46 persoas en turnos de mañá, tarde e noite realizando traballos de seguridade xeral e control de tráfico en todos os lugares, especialmente nos concertos e nas tiradas de fogos de artificio, ao que están especialmente atentos os bombeiros, que duplican os turnos estes días. Tamén a Policía Nacional reforza as súas plantillas.
Ademáis, durante os fogos estarán presentes 2 ambulancias, tres vehículos de bombeiros, tres de proteción civil e tres lanchas (proteción civil, bombeiros e Garda Civil do Mar)
Os 20 profesionais sanitarios atenderán a un posto fixo na Alameda, unha ambulancia tras o palco dos concertos, e as ambulancias que se dispoñen na zona de Corbaceiras para os fogos artificiais.
En canto á limpeza, conforman o operativo 49 operarios que se serven de 2 camións cisterna, 3 de recollida, 4 barredoras e 2 lavadoras de beirarrúas, divididos en catro zonas con epicentros na Ferrería, Teucro, Campiño e Alameda.
Tamén forman parte do operativo as brigadas encargadas de reubicar os aproximadamente 2.000 valados metálicos que se utilizan e que se inclúen nun capítulo máis amplo formado fundamentalmente por persoal municipal: fontanería, brigada de obras, electricidade e tamén seguridade privada, que conforman un total de 30 persoas.
Todo esto está coordenado polo servizo xeral de festas, que atenden 3 persoas e outro persoal municipal e de empresas colaboradoras.
Carme da Silva quixo ter unha mención especial á colaboración de Protección Civil, que aporta 40 persoas voluntarias, en turnos de 15 persoas por turno, ao control de espectáculos e eventos “que aprotan o seu esforzó e dedicación para que os demáis esteamos de troula”.