O Concello pechou o pasado ano cun superávit de 4,6 millóns

155

O Concello pechou o pasado ano cun superávit de 4,6 millóns de euros, segundo informou hoxe o concelleiro de Facenda, Raimundo González Carballo, tras a reunión da Comisión Especial de Contas, que dictaminou favorablemente o orzamento de 2014.

Esta diferenza de 4,6 millóns de euros entre ingresos e gastos cumpre de maneira sobrada todos os parámetros que o Estado impón aos Concellos, como os de estabilidade orzamentaria ou a regra de gasto.

González Carballo lembrou que pese a que o orzamento incial de 2014 ascendeu a 66 millóns, durante o ano, grazas á incorporación de remanentes de tesorería e outras circunstancias, este orzamento chegou aos 79 millóns (13 arriba dos inicialmente previstos).

En canto á execución dos plans previstos no orzamento, ésta chegou ao 93,7%, que é un nivel altísimo na vida orzamentaria.