“Meleira” a Feira do Mel chega a Pontevedra

625

Venta de mel, degustacións de iogur con mel, obradoiros en vivo de extracción de mel daranse cita na XXV Feira do Mel de Pontevedra da man do mercado máis doce e irresistible a “Meleira”.

A feira que se emprazará en fronte á Praza de Abastos de Pontevedra e celebrárase do 8 o 16 de agosto.

Pontevedra, 5 de agosto de 2015. Todos os amantes do mel teñen unha cita ineludible na “Meleira” do 8 ao 16 de agosto, no marco da vixesimoquinta edición da “Feira do Mel de Pontevedra”. A Asociación de Apicultores da provincia de Pontevedra e Centro Comercial Urbano Zona Monumental de Pontevedra, en colaboración co Concello de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra, veñen de presentar unha nova edición que é unha mostra de que, pese aos cambios económicos e sociais, o mel segue a gozar dunha fortaleza e saúde encomiable.

Os que queira adquirir este doce manxar poderán facelo de luns a venres de 10 a 14 horas e de 18 a 22 horas, os sábados e domingos de 11 a 14 e de 18 a 22 horas. Os curiosos do mundo da apicultura poderán ver en vivo obradoiros de extracción de mel, de luns a xoves ás 19.30 horas con degustación de valde de iogur e mel.

E xa so queda marcar os días na axenda, levar a toda a familia e aproveitar para adquirir unha mel de gran calidade na “Meleira”, a cura máis doce das festas da Peregrina.