Abreu o prazo para os obradoiros infantís da Feira Franca

348

Está aberto o prazo para tomar parte nos obradoiros para nenos e nenas que se celebrarán no CITA enmarcados nos eventos previos á Feira Franca. As persoas interesadas poden inscribirse por teléfono (986 860 587) ou na propia oficina da Feira Franca da rúa Alfonso XIII (ao carón da biblioteca pública).

Esta é a programación dos obradoiros:

1. Ti, un gran alquimista.
Destinatarios nenas e nenos de 6 a 12 anos.
Datas 17 e 18 de agosto.
Horario de 10.00h a 12.00h.

2. A alquimia na vida cotiá.
Destinatarios nenas e nenos de 6 a 12 anos.
Datas 24 e 25 de agosto.
Horario de 10.00h a 12.00h.

3. Xogando coa alquimia.
Destinatarios nenas e nenos de 6 a 12 anos.
Datas 31 de agosto e 1 de setembro.
Horario de 10.00h a 12.00h.