Pontevedra recibirá a visita do “papa” de Senegal o vindeiro 15 de setembro

163

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá a unha representación da comunidade senegalesa en Pontevedra, que o convidou a asistir aos actos laicos que organizará a comunidade no Concello coa próxima visita de Serigne Mame Mor Mbacke, o vindeiro 15 de setembro.

Serigne Mame Mor Mbacke está considerado o “papa” de Senegal, que está a facer a segunda xira por Europa. O vindeiro 15 de setembro visitará Pontevedra onde se reunirá toda a comundiade senegalesa de Galicia: arredor de 750 senegaleses, dos cales 200 residen en Pontevedra.

O alcalde explicoulles que na mañá poderá recibir á autoridade relixiosa no Concello para intercambiar opinións sobre a situación e integración da comunidade senegalesa en Pontevedra, e pola tarde Fernández Lores tamén foi convidado a participar nunha recepción oficial a todas as autoridades de Pontevedra, previa ao acto relixioso que oficiarán os membros desta comunidade.