O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá aos palistas dos clubs Cidade de Pontevedra e Club Naval de Pontevedra que obtiveron medalla no Campionato de España de piragüismo en pista que se celebrou nas instalacións do Pontillón do Castro, en Verducido, o pasado fin de semana.
Fernández Lores déulles os parabéns polos éxitos conseguidos e animounos a seguir co traballo duro para acadar logos tan importantes como o do pasado fin de semana.
Os piragüistas que estiveron na recepción foron:
- CLUB NAVAL DE PONTEVEDRA
- Iago Monteagudo
- OURO: xuvenil K-1 1000 metros
- OURO: K-2 1000 M
- PRATA: K-2 500 M
- Adrián García
- OURO: K-2 1000 M
- PRATA: K-2 500 M
- Carla Sieiro
- BRONCE: xuvenil feminina de K-1 1000 metros
- BRONCE: xuvenil K-1 500 metros
- Iago Monteagudo
- CIDADE DE PONTEVEDRS
- Jenifer Casal
- PRATA: senior C-1 500
- OURO: C-2 500 metros
- Raquel Rodríguez
- OURO: C-2 500 metros
- Isabel Noya
- PRATA: C-2 500 metros
- Noelia Rodríguez
- PRATA: C-2 500 metros
- Alexandre Castro Rodríguez
- BRONCE: K2 – 1000metros
- Iván Villanueva García
- BRONCE: K2 – 1000metros
- Jenifer Casal