O paseo peonil a Marín e a vía verde, prioridades do Concello co Ministerio de Fomento

122

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores lle trasladou a pasada semana unha carta á ministra de Fomento, Ana Pastor para solicitarlle unha reunión persoal ou coas persoas que ela designe para abordar dous asuntos de capital importancia para a cidade de Pontevedra: a construción do paseo peonil e ciclista entre Mollavao e Marín, continuando o actual; e a transformación da vía do ferrocarril entre Arcade e Pontevedra, en vía verde, unha petición moi demandada polos concellos implicados no proxecto.

Ademais de convidala a visitar, de novo, o Concello, o alcalde lle amosa o seu interese por ir pechando unha data para a inauguración do desdobramento da avenida de Vigo, xa que as obras están moi avanzadas.

Carta a Ana Pastor.