O Concello abre o prazo para inscribir as fogueiras do San Xoán

611

Ante a proximidade da Festividade do San Xoán, o Concello de Pontevedra fai públicas as normas para a celebración das fogueiras de San Xoán, que serán na noite do 23 de xuño. As normas ás que terán que axeitarse a instalación e queima das fogueiras son as seguintes:

  • Presentación no Rexistro Xeral do Concello da solicitude de celebración da fogueira, antes do próximo 19 de xuño ás 13.00 horas, facendo constar os seguintes datos das persoas que organizarán o acto e faranse responsables dos mesmos
    • Nome e apelidos e DNI
    • Enderezo e coñecemento do tlf do Servizo Municipal de Extinción de Incendios 080, Policía local 092 e Protección Civil 986 87 11 88.
    • Compromiso de dispor no acto dun teléfono móbil en pleno funcionamento, con indicación na solicitude do seu número
    • Coa documentación achegarase copia do DNI dos responsables.
  • As fogueiras terán que distar un mínimo de 15 metros aos edificios e ás árbores. O diámetro máximo de zona de combustión da fogueira será de 4 metros de ancho cunha altura máxima de dous metros. Nunha área de diámetro similar ao pao central da fogueira non poderán concentrarse os asistentes á festa.
  • Os materiais a empregar na combustión serán: lñea, polas, toros de árbores e vellos materiais de madeira de calquera clase. Prohíbense os neumáticos, plásticos, botellas, materiais con PVC en xeral, e similares, así como botar aerosois, aceites ou líquidos combustibles ou calquera substancias explosivas. Lémbrase que un bote de aerosol aínda vacío, pode orixinar unha explosión importante. Prohíbense as fogueiras baixo os tendidos eléctricos, telefónicos…
  • Prohíbese a realización de fogueiras sobre vías públicas pavimentadas, xardíns ou zonas verdes, en xeral.
  • A organización terá que acatar as normas ou instruccións que poidan ditar os axentes dos corpos da Policía Local ou Corpo de Bombeiros.

Dende a Alcaldía, ademais de convidar a todos os veciños a que gocen da festa, tamén os insta a que cumpran estas instruccións que garanten a protección e seguridade das persoas que participen nestas festas.

Decarga o impreso para solicitar a autorización:

Fogueiras de San Xoán