Todo listo para o Campionato de España de Baloncesto Infantil

175

O concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, participou hoxe no sorteo para os emparellamentos nos oito grupos que conforman o Campionato de España de Baloncesto Infantil Feminino.  O representante da Federación Galega de Baloncesto para a relación cos clubs,  José Pérez, dirixiu o acto.

Os 32 equipos quedaron así agrupados para a primeira fase dunha competición que se vai celebrar entre finais deste mes e principios de xullo. Entre eles o local, o Arxil, e tamén os galegos do Celta Selmark e o Pabellón de Ourense.

O sorteo celebrouse no Palco da Música da Alameda, no marco do torneo 3×3 de baloncesto na rúa que organiza o Arxil co apoio da Concellería de Deportes.