Anuncio da axuda concedida pola rehabilitación de vivenda no eido da ARI de Estribela

319

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO DA AXUDA CONCEDIDA POLA REHABILITACIÓN DE VIVENDA NO EIDO DA ARI DE ESTRIBELA, EN PONTEVEDRA, AO ABEIRO DO PLAN ESTATAL DE VIVENDA 2009-2012

Por Decreto do Concelleiro Delegado da Área de Facenda e Medio Ambiente, prestábase aprobación definitiva á axuda na ARI de Estribela e ao correspondente gasto, ordenando o seu pago a favor do solicitante da axuda don Marcis Mengis para a rehabilitación da vivenda sita na av. Marqués de Valterra, 39-6º, dentro da área de rehabilitación integral de Estribela, en Pontevedra.

Asemade, dispoñíase que unha vez rematada a tramitación do expediente de solicitude de subvención, procederíase a publicar a axuda concedida no taboleiro de anuncios do Concello de Pontevedra, na páxina web www.pontevedra.gal, e no seu caso, no BOP ao abeiro do estabelecido no artigo 27 das Bases que as regulan (BOP núm. 211, de 03/11/10).

En virtude do exposto faise pública a concesión de subvención a don Marcis Mengis pola rehabilitación da vivenda sita na av. Marqués de Valterra, 39-6º por unha contía de 2.643,48 euros.

RECURSOS PROCEDENTES

Contra o presente acto administrativo, que esgota a vía administrativa, o interesado poderá interpoñer ben o RECURSO POTESTATIVO DE REPOSICIÓN perante o mesmo órgano que o ditou no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no art. 116.1 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, pola que se modifica a primeira, ou ben directamente o RECURSO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de DOUS MESES, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

De interpoñerse o recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes, segundo establece o art. 117.2 da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido no art. 43.2 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, podendo entón o interesado interpoñer o recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de SEIS MESES contados desde o día seguinte a aquel no que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, consonte ao establecido no art. 46.1) e 4) da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contenciosa-administrativa,

NO entanto, o interesado tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime procedente consonte a dereito.

Pontevedra, 28 de abril de 2015

O TENENTE DE ALCALDE E RESPONSABLE DA ÁREA DE URBANISMO E VIVENDA
Antonio Louro Goyanes

O SECRETARIO DA ADMÓN. MUNICIPAL
José Carlos Castiñeira Piñeiro