A Concellería de Educación levou o mundo da dobraxe ás aulas dos colexios de Pontevedra

211

Os actores Suso Pando e Manuel Pombal foron os encargados de introducir aos rapaces no mundo do dobraxe. A actividade, organizada pola Concellería de Educación, chegou hoxe ao seu fin despois de pasar por oito colexios pontevedreses. O concelleiro, Agustín Fernández, compartiu esta última sesión cos alumnos do Xunqueira 1.
O programa, organizado ao redor dun relato entre unha raqueta mordedora e unha pelota de tenis, estivo dirixido ao alumnado de Terceiro e Cuarto de Educación Primaria. Cada sesión tivo unha duración de 50 minutos.
O concelleiro Agustín Fernández departiu brevemente cos rapaces sobre os debuxos animados e a importancia da voz neste produto de entretemento audiovisual. Os actores despregaron as súas habilidades dando vida á “Raqueta Enriqueta” e á “Pelota Peluda”.
Con textos sinxelos e curtos, escollidos para a ocasión, os nenos convertéronse en protagonistas e tiveron ocasión de poñer voz as súas personaxes favoritas. Cada colexio recibirá unha copia do material gravado.