Tonucci no Salón do Libro: “As prazas deberían ser lugar de encontro: o descanso dos maiores e o xogo dos nenos”

124

“Una ciudad perfecta para pasear es la que tiene en cuenta lo que ocupan dos personas con paraguas abiertos, como Pontevedra”. O psicopedagogo Francesco Tonucci falaba deste xeito hoxe durante conferencia ‘A cidade dos nenos: unha nova filosofía de goberno da cidade’, a primeira de catro ofertadas polo Salón do Libro para o público adulto.

O debuxante italiano estivo acompañado polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e por Antón costa, autor do limiar do libro ‘A cidade dos nenos’, de Tonucci, editado por Kalandraka. O encontro tivo lugar no Salón de Actos do Pazo da Cultura, que se encheu para acoller a máis de 300 persoas que se achegaron para escoitar ao pensador.

Tonucci felicitou ao Concello de Pontevedra, que vén de recibir en Dubai o Premio Hábitat polo seu modelo de cidade, unha temática que ocupou boa parte da súa intervención. “Hay ciudades que están haciendo mucho, pero Pontevedra ha hecho una elección profunda, como la que espera Federico”, sinalou. O italiano referíase así a un neno de Roma que nunha ocasión lle pediu ao seu alcalde “el permiso para salir de casa”. “Federico dice que la ciudad es peligrosa, porque es lo que piensan sus padres; entonces, hay que cambiarla”, opina Tonucci.

“Cuando yo hablo con un alcalde sobre este tema siempre me pide dos o tres años para resolver el problema del tráfico. Pero cuando se ponen a ello, ya no hay ni espacios ni recursos”, quéixase.

Na súa opinión, polo xeral unha praza ou é un lugar baleiro ou está chea de coches. “Debería ser el lugar de encuentro de generaciones; del descanso de los ancianos y del juego de los niños”, subliña un home fiel ao pensamento de que “la prioridad deben ser los peatones, no los coches”.

O alcalde de Pontevedra, que presentou a Tonucci, lembrou a aposta polo goberno local en 1999 para “plantexarnos facer desta cidade unha cidade amable”. “Un dos nosos inspiradores foi o libro ‘A cidade dos nenos’, agora publicado en galego”. “En ese libro están todas as inquedanzas e preocupacións que tiñamos daquela nunha cidade da que a xente tiña a tendenza de marchar”, dixo.

Antón Costa, pola súa banda, quixo facer fincapé no traballo de Tonucci con grupos de colaboración pedagóxica de toda Galicia: “Detrás de ‘A cidade dos nenos’ está a declaración dos Dereitos dos Nenos”.

Jorge Mira, Ángel Carracedo e María Solar

Á conferencia do debuxante italiano seguiralle a deste sábado do catedrático de electromagnetismo da Universidade de Santiago de Compostela Jorge Mira.  O divulgador científico estará en Pontevedra para respostar á pregunta ‘A que altura está o ceo?’, unha cuestión que o ser humano se leva facendo dende os inicios dos tempos. Esta conferencia tamén se celebrará no Salón de Actos, 12:00 horas, e é de entrada libre.

Pola súa banda, o catedrático de medicina legal e forense Ángel Carracedo, director da Fundación Pública Gallega de Medicina Genómica, disertará sobre ‘ADN forense: un presente que parece ficción’. O experto en xenética estará no Pazo da Cultura o 16 de marzo ás 19:30 horas. Carracedo é autor de varios libros e centos de publicacións. Actualmente coordina a investigación coa labor docente.

A derradeira das conferencias correrá a cargo de María Solar o 27 de marzo (18:00 horas). A xornalista e escritora galega ofrecerá da man do Consello Superior de Investigacións Científicas ‘Isabel Zendala: cando a literatura rescata á ciencia’.

Presentación dun cómic e mesa redonda

O cómic ‘Vivir no solo’, reeditado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) en Galicia, será presentado mañá venres (18:30 horas) no Salón do Libro para conmemorar que este ano 2015 se celebra o Ano Internacional dos Solos. A publicación, elaborada pola Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade do Consello da Cultura Galega (CCG), conta con guión da escritora Marilar Aleixandre e asesoramento de Francisco Díaz-Fierros e María Teresa Barral Silva. Na presentación tamén estará Montserrat Díaz Ravina, en representación do CSIC-Galicia.

A este acto seguiralle a mesa redonda ‘Alimarias, estrelas e clons’ (19:00 horas), coordinada por Marilar Aleixander e organizada polo Consello da Cultura Galega. Neste encontro abordarase a ciencia como un xeito de contar o mundo.

Café científico

Por outra banda, mañá a partir das 20.30 horas e na Cafetería do Pazo da Cultura, terá lugar o segundo dos Cafés Científicos propostos este ano polo Salón do Libro e que leva por título ‘Cosmos’. Este orixinal formato, no que dous científicos e un ‘showman’ disertan e fan participar ao público, contará co neurocientífico Xurxo Mariño, o físico Enrique Zas e o actor Vicente Mohedano. Os tres achegarán aos asistentes nocións útiles para entender a creación do Universo actual, resultado de 13.800 millóns de anos de interaccións de partículas, átomos e moléculas.