INSTRUCCIÓNS PARA OBTER UN CERTIFICADO DE EMPADROAMENTO PARA REALIZAR A MÁTRÍCULA EN COLEXIOS E INSTITUTOS.

268

(ESTAS INSTRUCCIÓNS NON SON VÁLIDAS PARA MATRÍCULAS NAS GARDERÍAS)

1º. Se deberá cumprimentar a solicitude (pode descargarse o modelo mais abaixo)

2º. Deberá cumprimentar co nome do solicitante (que deberá estar empadroado xunto cos menores, xeralmente o pai ou nai), número de DNI e enderezo. Se deberá indicar un telefono de contacto.

3º. Cumprimentar o apartado (check) de “Outros fins”, indicando que é para Matrícula en Colexio/Instituto e indicando o/os nome/s do/s menor/es.

4º. Cumprimentar o apartado (check) de “Certificado de convivencia dos integrantes da folla padroal”.

5º. Documentación a achegar:

  • Fotocopia do DNI do solicitante (da persoa que asina a solicitude)
  • Xustificación do pagamento das taxas pola expedición dun certificado de empadroamento colectivo (convivencia); Lugar de pagamento da taxa: Máquina situada ao carón da “oficina de información” e da Policía Local.

5º. Unha vez cumprimentada a solicitude e obtidos os documentos que deberán achegar se presentará no Rexistro de Entrada de Documentos do Concello (letra A no expedidor de tickets).

6º. Transcorridos TRES DÍAS dende a presentación, deberán acudir ao Concello a oficina do Padrón de Habitantes (letra B no expedidor de tickets) co xustificante da solicitude (folla amarela) para retirar o certificado solicitado.

7º. No caso de que a persoa que veña a retirar o certificado non sexa a solicitante e/ou ben non estea empadroado xunto cos menores, se deberá achegar autorización expresa dunha persoa maior de idade que si que estea empadroada cos menores. Poden cumprimentar a autorización que aparece na parte inferior esquerda da instancia. (neste caso tamén se deberá achegar fotocopia do DNI da persoa autorizada).
 

NOTA: AS FOTOCOPIAS DEBERÁN ENTREGALAS EN TAMAÑO FOLIO DIN-A4 SEN RECORTAR.

 

Ver documento PDF