Gonzalo Arca

90

Tras o seu paso por formacións como Vao Permanente, The Preachers e Sugar Mountain, Gonzalo Arca presentará “Alone At The Crossroads”, o seu primeiro disco en solitario.

Virá acompañado de toda a súa banda, composta por Antonio Casado (guitarra), Pablo Pérez (guitarra), Seir Caneda (teclado), Johnander (baixo) e Tom Risco (batería).

Prezo: 8 € (anticipada) e 10 € (billeteira). Entradas anticipadas á venda en Pequeño Karma e Bullitt Store (Manuel Quiroga 15).