A investigación volve aos colexios de Pontevedra da man do programa “Pontenciencia”

73

Os escolares de Pontevedra volven converterse en pequenos científicos gracias ao programa “Pontenciencia”, deseñado pola Concellería de Educación en colaboración co Vicerreitorado da Universidade de Vigo. Un programa municipal que, por segundo ano consecutivo, foi seleccionado e subvencionado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, entidade adscrita ao Ministerio de Economía e Competitividade.

O concelleiro Agustín Fernández e o vicerreitor, Juan Manuel Corbacho, visitaron hoxe aos rapaces do colexio de Campolongo, que están a participar nun obradoiro de formación previo a o programa, que culminará este verán, coa “feira da miniciencia”, ou sexa a exposición dos proxectos elaborados polos rapaces baixo a supervisión do comité científico da Universidade.

O programa está dirixido ao alumnado de Quinto e Sexto de Primaria e participan os rapaces da Xunqueira 1, San Martiño, Froébel, Marcos da Portela, Ponte Sampaio, San Bieito de Lérez, Parada e Campolongo.

O ano pasado presentáronse un total de 28 proxectos científicos e todo indica que este ano superarase a cifra. Estarán divididos nos apartados de “Ciencia no cole”, dirixido aos colexios, e “Ciencia en familia, para pais e fillos. Haberá tamén un premio “Pontenciencia”.

O comité científico é un grupo de investigadores-docentes e alumnos do campus de Pontevedra repartidos polos graos de Forestais, Fisioterapia, Belas Artes, Ciencias Sociais e da Comunicación, Ciencias do Deporte e Ciencias da Educación. O comité encargarase de facer as propostas temáticas de investigación e prestará asesoramento.

Agustín Fernández destacou que a feira da ciencia é un xesto da Concellería de Educación nun momento no que os recortes cébanse coa investigación científica en toda España. Subliñou tamén a necesidade de afondar todo o posible na interrelación entre a Universidade e a cidade.