“Acariñando o ceo”

68

Na exposición “Acariñando o ceo”, do artista plástico Alex Vázquez, faise un percorrido por toda a obra de Alex Vázquez a xeito de exposición antolóxica.

Antón Castro defínea como o “resultado da súa exclusiva mirada emocional á hora de interpretar a natureza como unha construción cultural, humanizada xa como paisaxe”.

Unha busca incansable da beleza no entorno natural e cunha mensaxe sentida subliñada pola súa filla e comisaria: “a súa pintura invítanos a soñar”.

Poderase visitar ata o 1 de marzo no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, no horario habitual de exposicións temporais.