“Malasombra”. Domingos do Principal

77

“Malasombra”, da compañía Au Ments Dansa-Teatro (Illes Baleares) é un conto inspirado en “A marabillosa historia de Peter Schlemihl” de Adelbert von Chamisso, unha novela romántica onde a sombra é asimilada á alma ou ao dobre de un mesmo. Pero… que ocorrería se esta sombra fose roubada?

Premios Escénica 2011 mellor escenografía, mellor iluminación, mellor intérprete de danza (Caty Carrasco) e mellor espectáculo de danza. Nominado ao premio revelación MAX 2012. Danza contemporánea, video-creación, música en directo, teatro de obxectos e sombras experimentais dentro do Festival de teatro para toda a familia “Domingos do Principal”, organizado polo Concello de Pontevedra.

Dobre función: pola mañá ás 12:00 h. e pola tarde ás 18:30 h. Duración: 50 minutos. Recomendado a partir de 7 anos. 

Prezo: 4 €. Billeteira aberta 2 horas antes de cada función. Entradas anticipadas e abonos para as sete funcións (21 €) á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com