“En Paralelo: Noites de literatura e cine”

54

Ciclo “En Paralelo: Noites de literatura e cine”, organizado polo Museo de Pontevedra no Auditorio do Sexto Edificio.

Este ciclo  consiste na intervención mensual dun escritor que reflexionará sobre o xénero literario que define a súa obra ou algún aspecto do mesmo. Esta charla será complementada á semana seguinte coa proxección dunha película relacionada co tema tratado.

A participación é libre e gratuíta ata completar aforo. +info. en www.museo.depo.es