O Concello, en alerta polos ventos fortes e chuvias para mañá

45

O Concello de Pontevedra ten activada a alerta por temporal para esta noite e toda a xornada de mañá cando se esperan ventos fortes e chuvias copiosas durante a mañá e o mediodía.
O Concello ten en alerta todos os servizos de emerxencia: Bombeiros, Policía Local, Protección Civil, os servizos técnicos e as brigadas municipais, as empresas concesionarias e tamén algunhas das empresas colaboradoras co Concello por si se precisase maquinaria pesada para algunha intervención.