Completas as prazas no Obradoiro de creación literaria

163

A Concellaría de Cultura pechou esta mañá a inscrición no Obradoiro de creación literaria que comezará a impartirse este sábado no Pazo da Cultura a cargo de Ledicia Costas.
O número de prazas xa está completo.
O obxectivo deste obradoiro que o Concello imparte en colaboración coa Asociación de escritores en lingua galega é que os participantes collan soltura e poidan enfrontarse aos textos.
O curso será impartido até o mes de marzo de 11 a 13 horas, e nel tratarase narratira e tamén poesía. Recibirán a visita de Pedro Feijoo e abordaranse textos de autores galegos.