Campaña da Policía Local para evitar os estacionamentos sobre as beirarrúas

43

A Policía Local inicia o vindeiro luns, 19 de xaneiro, unha campaña de control de estacionamento de vehículos nas beirarrúas. Segundo explicou esta mañá a concelleira de Seguridade Cidadá, Carme da Silva no pasado ano tramitáronse 13.742 denuncias, a mesma cantidade que en 2014 pero cunha recadación inferior porque as sancións cometidas foron menos graves. En concreto, 44.000 euros menos. O ollomóbil contribuiu a que estas sancións fosen máis leves.

Carme da Silva expicou que 1.000 daquelas sancións débense a estacionamentos enriba das beirarrúas, tanto por parte de coches como de motos "e esta situación non se pode permitir especialmente neste momento que dispomos de 157 prazas de estacionamentos para motos e un grande número de estacionamento de servizos de 15 minutos que incrementa moito a rotación de vehículos na cidade".

Ademais, a concelleira de Seguridade Cidadá explicou que estas prácticas supoñen destrozar as beirarrúas; é insolidario cos peóns, especialmente con aqueles que teñen unha discapacidade; e supón un mal uso dos espazos públicos.