O Concello retoma todas as obras municipais na cidade logo das vacacións de Nadal

70

Rematado o período de vacacións das festas de Nadal, as empresas de construción que executan distintos proxectos municipais na cidade volven o este luns, 12 de xaneiro, a retomar a súa actividade.
Reanudaránse proxectos como a reparación da avenida de Marín ou a construción do desdobramento da avenida de Vigo, pero tamén se iniciarán novas obras como mellora da accesibilidade e mobilidade en Domingo Fontán ou a pavimentación da avenida de Uruguai.
Dentro das obras xa iniciadas, retómanse:
• Avenida de Compostela (xa iniciada esta semana)
• Avenida de Marín
• Novo acceso sur: desdobramento da avenida de Vigo
• Camiño da vía na Seca
• Praza de Ourense (enlousado na zona do Savoy)
Sobre o desdobramento da avenida de Vigo, é previsible que as melloras do proxecto comecen ao longo da vindeira semana, ao tempo que se aproban en Xunta de Goberno. A previsión é que inicien pola avenida da Estación.
As obras novas que comezarán esta semana son as seguintes:
• Mellora da accesibilidade e seguranza viaria en Domingo Fontán (acceso á Xunqueira da Gándara) coa construción dun paso de peón elevado con paso para bicis; e na rúa Padre Gaite (o máis próximo a avenida de Buenos Aires). O primeiro leva paso para bicis.
• Pavimentación da Avenida de Uruguai (xuntas de dilatación da Ponte do Burgo e rotonda a rúa Galera), máis a eliminación de barreiras nos pasos de peóns xunto ao Náutico e xunto á antiga parcela do Colexio de Arquitectos. Nesta zona tamén se vai iniciar a retirada de semáforos.
• Pavimentación da rúa González Besada e eliminación de barreiras entre as rúas Pastor Díaz, Riestra e Oliva.