Concerto de Aninovo

42

Tradicional concerto para dar a benvida ao 2015. Unha oportunidade única de gozar da música ao vivo da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, acompañada polos bailaríns e bailarinas do Ballet de Galicia.

O concerto, baixo a batuta do director convidado José Sanchís, Director musical da Orquesta Sinfónica da Universidad Complutense de Madrid, contará no seu programa con pezas tradicionais como os valses e polkas da familia Strauss e un amplo repertorio. Máis dunha hora de música ao vivo que co ballet, poderá acadar case ás dúas horas dun espectáculo nunca visto no que música e danza se fusionan sobre o escenario.

Prezo: 12 € (xeral) e 10 € (para estudantes, parados e xubilados). Entradas anticipadas á venda venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com