“Retratos de Asakusa”

87

Primeira gran exposición individual do traballo de Hiroh Hikai que se realiza fóra de Xapón. Esta exposición presenta medio centenar de fotografías, moitas das cales están reproducidas no seu decimosegundo libro publicado: "Hiroh Kikai: Retratos de Asakusa" (Steidl, 2008).

A mostra chega a Pontevedra tras presentarse na Tabacalera en Madrid. Poderase visitar ata o 20 de febreiro na Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra. Facultade de Belas Artes. Horario: de luns a venres, de 12 a 14 h. e de 19 a 21 h.