Programa “Ven coñecer o Museo”

78

A partir do sábado 8 de novembro retómanse as visitas guiadas do programa "Ven coñecer o Museo" que se realiza os fins de semana ata o 31 de maio de 2015.

Nesta ocasión ofrécense dous itinerarios nos que poden participar todas as persoas que o desexen inscribíndose a través da dirección de correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es, ou ben chamando ó teléfono 986 804 100 extensión 42413. Os percorridos realízanse a partir de cinco persoas. A participación é de balde.

A Ruta do Museo. Ruta guiada na que se pretende unha achega á historia dos seis edificios que compoñen o Museo de Pontevedra e ás principais coleccións que custodia. Todos os sábados ás 11:30 h. Punto de encontro nas Ruínas de San Domingos. Duración: 90 minutos. Nº participantes: 25.

Achégate ó Sexto!. Visita guiada polo Sexto Edificio do Museo como unha primeira toma de contacto coa súa arquitectura e as súas coleccións. Os domingos ás 11:30 h. Punto de encontro no Sexto Edificio. Duración: 90 minutos. Nº participantes: 25 .