“Improperio D.F.”. Festival “Ponteatro

49

Un espectáculo de improvisación teatral da compañía Triatreros con música en directo formado a partir de xogos clásicos e non tan clásicos da improvisación cómica. A peza presenta catro representantes políticos de Improperio Distrito Federal que pretenden colonizar ao público asistente mostrando, mediante xogos de improvisación, as deficiencias da nosa sociedade.

Prezo: 8 € para público en xeral e 4 € para estudantes, parados e xubilados.

Entradas na billeteira á venda dende 1 hora antes de cada función. Entradas anticipadas á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com