Conferencias “Diversa. Arqueoloxía dende o Incipit alén Europa”

73

Arredor da exposición "Diversa. Arqueoloxía dende o Incipit alén Europa", o Incipit e a Deputación de Pontevedra organizan o seguinte programa de conferencias que se realizará no salón de actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra:

11 de decembro: Felipe Criado Boado, director del Incipit: Entre Galicia e a Illa de Pascua. Galicia, Uruguai, Arxentina, Chile: orixes e significación da arquitectura monumental.

18 de decembro: Alfredo González Ruibal, científico titular do CSIC no Incipit: Osos máxicos: cemiterios da Idade do Ferro en Guinea Ecuatorial.

15 de xaneiro: César Parcero Oubiña, científico titular do CSIC no Incipit: Regando o deserto. Formas de vida e de produción no altiplano andino en época preincaica.

22 de xaneiro: César González García, investigador de posdoutoramento Ramón y Cajal do CSIC no Incipit: Orientatio ad Sidera: o ceo e as sociedades do Oriente Próximo antigo.