Caxade & Banda de Música de Bandeira

55

Culturgal 2014 reserva a noite do sábado para unha actuación moi especial no Pazo da Cultura. Un grupo, Caxade, un disco, “A Dança dos Moscas”, unha banda, a de Bandeira, enriba do escenario. Máis de sesenta músicos para orquestrar ao vivo un disco cuxa primeira tiraxe se esgotou e que converteu a Alonso Caxade nun dos artistas de referencia da música actual galega.

Caxade & Banda de Música de Bandeira é un proxecto de minixira que bota a andar no Culturgal, coa produción de Sinsalaudio, e da que sairá a gravación dun disco en directo. Sen dúbida, un proxecto tan atractivo como cobizoso cunha das bandas populares de recente creación.

Prezo: dende 10 €. Entradas anticipadas á venda en www.servinova.com