Lores exporá en Bilbao a experiencia como Cidade 30

0

Algúns dos principais especialistas en mobilidade sustentábel, así como representantes de entidades e institucións de Euzkadi escoitarán unha nova disertación sobre a experiencia pontevedresa da man do alcalde da capital. Será no XIII encontro cidadán coa mobilidade que se celebra na cidade vasca.
Lores expoñerá as principais características do modelo pontevedrés nun repaso ás mellores prácticas, na que participarán tamén os inspiradores dos modelos de Vitoria e Bilbao. Tamén se repasará o novo regulamento de circulación, as zonas 30 desde unha perspectiva europea e a vixiancia e control do tráfico na cidade 30.
Na xornada, auspiciada pola Fundación Pons, o RAC e o concello bilbaíno tomará tamén parte Francisco Javier Villalba, o xefe da unidade normativa da DGT, que abrirá a sesión.