Search
Close this search box.

Pontevedra participa no III Encontro de cidades para a seguridade vial en Torreviieja

O Concello de Pontevedra participa mañá no III Encontro de cidades para a seguridade vial e a mobilidade sostible, organizado pola Dirección Xeral de Tráfico e a Federación Española de Municipios e Provincias, na cidade de Torrevieja, Alicante.
O Concello de Pontevedra estará representado polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, que participará nunha mesa de traballo (sesións parelelas) baixo o título "Estratexia integral para o desenvolvemento urbano intelixente, sostible e seguro". O alcalde fará unha exposición de "Cidade intelixentes, cidades seguras", xunto a técnicos e responsables de cidades como Barcelona, Oviedo, Córdoba, Ávila e Alicante.
O Concello de Pontevedra foi convidado pola propia Direción Xeral de Tráfico que se amosou moi interesada en expoñer neste encontro de cidades o modelo de Pontevedra, que foi premiado na súa segunda convocatoria (no ano 2011) pola mellor práctica urbana en seguridade viaria.

Para máis información sobre a programación:

https://3encuentro-ciudadeseguridadvial-movsostenible-torrevieja2014.es/base/location

Ver documento PDF

Compartir publicación: