Pontevedra recibe esta tarde a visita de Intermodes

84

O Concello de Pontevedra, en colaboración co Patronato de Turismo Rías Baixas, dan a benvida esta tarde á delegación de Intermodes que se achegará Pontevedra para coñecer o modelo de cidade. A delegación está integrada por 18 persoas (membros de Intermodes e xornalistas de distintas publicacións especializadas) que será recibida ás 20.30 horas de hoxe polo alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, e así como polo presidente da Deputación, Rafael Louzán no Palacete das Mendoza, sede do Patronato Rías Baixas.
Para a xornada de mañá, a delegación somerxerase no modelo de cidade ao coñecer as experiencia da man do enxeñeiro municipal, Jesús Gómez Viñas, do concelleiro de mobilidade, César Mosquera, o intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle, o xefe do departamento de comunicación, Antón Prieto.
Jesús Gómez Viñas disertará sobre a Mobilidade en Pontevedra nos anos 90; o concelleiro de infraestruturas, César Mosquera sobre Como reducir o tráfico na cidade; o intendente principal da Policía Local, Daniel Mancelle falará sobre os Camiños escolares; e Antón Prieto sobre o Metrominuto e o Pasominuto.
Durante a xornada de mañá tamén farán dúas visitas á cidade: as estacións de bus, de tren, ao centro histórico, tamén se presenzará os Camiños escolares…