Pontevedra celebra o Día do receptor de órganos

69

Pontevedra celebra mañá o Día do Receptor organizado pola asociación Adrovi (Asociación de donantes e receptores de órganos de Vigo). Esta mañá o Centro de Transfusión de Galiza, Adrovi e o Servizo de transplantes do Complexo Hospitalario de Pontevedra presentaron no Concello de Pontevedra a campaña de donación de sangue e órganos que se celebrará na cidade do Lérez tamén mañá.

Segundo explicou Ángeles Pazos, responsábel do Centro de Transfusión de Galicia, en Pontevedra incrementouse un 1% o número de donacións no último ano. Sitúanse nunhas 4.000 donacións ao ano, é dicir, unhas 47 por cada 1.000 habitantes.

Pola súa banda, dende Adrovi, Celso García explicou que mañá celebran o día do Receptor porque coincide que 5 asociados de Adrovi recibiron órganos no mes de xullo, por iso acordaron celebrar esta data como o Día do Receptor. Por este motivo instalarán unha mesa informativa e para a creación de donantes que se instalará na praza da Ferraría.
Tamén neste espazo estará o autobús do Centro de Transfusión de Galicia que pretende acadar o número de donacións suficientes para atender as emerxencias actuais dos servizos sanitarios. Para iso son precisas unhas 500 doacións diarias. Especialmente necesarios son os grupos A+, 0+ e 0-