O Concello de Pontevedra homenaxea ao Arxil polos éxitos na categoría de minibasket

76

As xogadoras do equipo de minibasket do Arxil estiveron hoxe no Concello, acompañadas do equipo técnico e as súas familias, para recibir a homenaxe institucional do Concello de Pontevedra.

O Arxil vén de pechar unha temporada na que acadou a Copa de Galicia, o Campionato de Galicia e o Campionato de España oficioso, que a Federación Española denominou como Jamboree Minibasket Nacional.

Unha temporada chea de éxitos, que augura futuros éxitos nas seguintes, toda vez que a totalidade das xogadoras pasan á categoría infantil.

Durante o acto exhibiron as medallas acreditativas así como o trofeo que as converte no mellor equipo alevín feminino de España.

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, felicitaron ao Arxil e destacaron que hai ben pouco se celebrou en Pontevedra o Campionato de España Infantil, no que Arxil tivo tamén un magnífico desempeño.