1. Axudas para a renovación de cubertas existentes de vivendas ou edificios de vivenda colectiva e edificacións anexas por cuberta de tella cerámica
Poderán ser beneficiarios os particulares ou as comunidades de propietarios de vivendas ou edificios de vivenda colectiva e as súas edificacións anexas sitas na Comunidade Autónoma de Galicia.
O custo subvencionable máximo será de 55 € por m2 de cuberta, a contía da subvención será do 30% dos custos totais subvencionables.
2. Axudas para a renovación de cubertas de lousa
Poderán ser beneficiarios os particulares ou as comunidades de propietarios de vivendas ou edificios de vivenda colectiva e as edificacións anexas sitas na Comunidade Autónoma de Galicia.
O custo subvencionable máximo será de 70 € por m2 de cuberta, a contía da subvención será do 30% dos custos totais subvencionables.
3. Axudas para a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivendas existentes
Poderán ser beneficiarios os particulares ou as comunidades de propietarios de vivendas illadas ou edificios de vivenda colectiva e as edificacións anexas sitas na Comunidade Autónoma de Galicia.
O custo subvencionable máximo será de: 110 € por m2 no caso de fachadas pegadas de granito, 140 € por m2 no caso de fachadas trasventiladas de granito e 130 € por m2 no caso de fachadas de perpiaño de granito, a contía da subvención será do 30% dos custos totais subvencionables cun máximo de 12.000 € por vivenda unifamiliar illada ou 40.000 € no caso de edificio de vivendas en bloque.
As solicitudes poderán presentarse segundo o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es/localizacion-de-procedementos (preferiblemente por vía electrónica). O prazo para solicitar estas axudas vai dende o 28/06/14 ata o 31/07/2014, salvo que se esgoten os fondos económicos consignados.