Ampliación da rede de abastecemento na N-550

59

O Concello inicia mañá os traballos para a instalación da rede de abastecemento de auga na estrada N-550 entre a rotonda de Médico Ballina até a altura da nave comercial DIA, aproximadamente. Segundo explicou esta mañá o portavoz do Goberno e resposábel do Ciclo da Auga, Raimundo González trátase dun proxecto que estaba aprobado dende hai tempo pero que requería a autorización do Ministerio de Fomento, dado que pasa pola beirarrúa da súa propiedade.

Chegada esta autorización, o Concello está en disposición de iniciar a obra que está valorada en 62.532,89 euros e prolongarase por uns 652 metros lineais.