O Concello agradece a máis de 700 persoas a organización no mellor Mundial de Duatlón

81

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores ofrece esta tarde, a partir das 20.45 horas, un acto de agradecemento público a todas as persoas e entidades que participaron na organización do Campionato do Mundo de Duatlón, no que colaboraron máis de 700 persoas.
O acto celebrarase no vestíbulo de entrada ao Recinto Feiral e nel o alcalde dirixirá unhas palabras de agradecemento aos presentes. Entregaralles unha placa de recoñecemento e documentación gráfica do Campionato do Mundo 2014.
Ademais, o alcalde aproveitará a ocasión para anunciar que Pontevedra volverá a ser candidata para acoller o Mundial de Duatlón no ano 2017 ou 2018.
As entidades recoñecidas serán:
1. Asociación Oficina de Voluntariado de Pontevedra
2. Brigada Lixeira Aerotransportable BRILAT Pontevedra
3. Escola Naval Militar
4. Centro Penitenciario de A Lama
5. Facultade de Fisioterapia de Pontevedra
6. Facultade de Ciencias da Educación e o Deporte de Pontevedra
7. Protección Civil de Pontevedra
8. Organismo Autónomo Pazo da Cultura e Exposicións de Pontevedra
9. Ferrovial Servizos
10. Cruz Vermella Pontevedra
11. Asociación Xuntos
12. Asociación Juan XXIII
13. Servizo de Turismo do Concello de Pontevedra
14. Policía Local de Pontevedra
15. Bombeiros de Pontevedra
16. Secretaría Particular da Alcaldía de Pontevedra
17. Servizo de Prensa do Concello de Pontevedra
18. Brigada de Obras do Concello de Pontevedra
19. Brigada de Electricidade do Concello de Pontevedra
20. Equipo de operarios do Instituto Municipal de Deportes
21. Motobike
22. Factory Bike
23. Federación Galega de Triatlón
24. Centro Galego de Tecnificación Deportiva
25. Coca-Cola
26. Distribucións Froiz
27. Gadisa
28. Conservas Pescamar
29. Panaderías Acuña
30. Estrella Galicia
31. Espectáculos Lito
32. Galibayte Informática
33. Cafés Delta
34. Centro Comercial Urbano Zona Monumental
35. Casino Mercantil e Industrial