Concello, Universidade, Cámara e Zona Franca promoved un viveiro de empresas vinculado á creatividad

65

O Concello de Pontevedra, a Universidade de Vigo, a Cámara de Comercio e a Zona Franca mantiveron hoxe unha reunión para a creación dun viveiro de empresas relacionado coa temática da creatividade e enmarcado como unha das primeiras accións do Campus CREA que impulsa a Universidade de Vigo en Pontevedra. Este viveiro estaría apoiado pola Zona Franca e a Cámara de Comercio solicitará fondos á fundación Incyde para a posible construción dun edificio.

Na reunión, á que asistiron os principais representantes destas institucións, acordouse que a Universidade presente no prazo de unhas semanas un plan de usos e necesidades deste viveiro, xa enmarcado dentro do proxecto Campus CREA, a Cámara solicitará os fondos, mentres que a Zona Franca, nun segundo paso, apoiaría ás empresas alí instaladas, e o Concello participaría na consecución dos fondos.

Segundo o alcalde a creación deste viveiro temático sería único en Galicia, polo que resultaría un polo de atracción para outras cidades.