Fouces aplaude que a Xunta limite a 2 meses resolver os Risgas e as Axudas de Emerxencia

83

A Concellaría de Benestar Social Municipal aplaude o acordo do Parlamento Galego, a iniciativa do BNG, de resolver favorablemente todas aquelas peticións de Risga e Axudas de emerxencia que non se informen antes de dous meses dende que se presenta o expediente na Xunta. “É unha grande noticia para as persoas que están a esperar por estas axudas”, indicaba a concelleira de Benestar, Carmen Fouces.
O Concello de Pontevedra ten 113 casos de Risga pendentes de resolver por parte da Xunta, e 77 solicitudes de Axudas de emerxencia, dende o pasado mes de outubro.
Carmen Fouces resaltou que se trata dunha moi boa noticia para este sector da poboación “que dende hai moito tempo non recibe máis que paus” por parte da administración central e autonómica.