Pontevedra opta mañá a unha “vasoira” da asociación ATEGRUS

79

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores participa mañá pola tarde na XIV edición do Concurso vasoiras de Plata, Ouro e Platino organizado pola Asociación Técnica para a Xestión de Residuos e Medio Ambiente (ATEGRUS), incluída dentro do programa da Feira Internacional de Urbanismo e Medio Ambiente (TECMA) que se celebra dende hoxe en Madrid.
Segundo explicua a propia ATEGRUS, “esta competición é un intento de valorar e distinguir aquelas actuacións e traballos que se fixeran realizado para mellorar ou defender a xestión dos residuos, da limpeza e o aseo urbano en xeral das nosas cidades e das nosas industrias, premiando os esfozos e realizacións ao obxecto de estimular os avances tecnolóxicos e de concienciación e innovación social que sirvan para ir mellorando a nosa calidade de vida e a sostenibilidade das nosas cidades e industrias”.
Pontevedra aspira a unha das vasoiras polo proxecto dos zafarranchos de limpeza. Trátase dun proxecto innovador dado que supón a coordinación de varios servizos municipais (limpeza, policía…), e depende da colaboración cidadá na retirada de vehículos, veladores… Ademais, o Concello é coñecedor de que unha vez que se puxeron en marcha en Pontevedra, estes zafarranchos foronse estendéndose a outros municipios galegos.