Agradecemento aos patrocinadores do Mundial polas súas achegas económicas e en especie

58

O Concello de Pontevedra quere agradecer o apoio constante das empresas locais e da comarca nos diferentes eventos que organiza o Concello. Nesta ocasión, con motivo do Campionato do Mundo de Duatlón, quere agradecer publicamente o apoio dos patrocinadores do campionato: Gadis, Pescamar, Froiz, Powerade, Panadería Acuña e Estrella Galicia que coa súa contribución tanto monetaria como en especies permiten reducir os gastos de organización.
As empresas patrocinadoras do Mundial de Duatlón achegarán, entre outras cousas:
• 25.000 augas
• 5.000 powerade
• 5.500 pezas de froita
• 6.000 productos alimentarios que formarán a bolsa de picnic da que disporán os voluntarios e os membros da organización. Consistirá en ensaladas, barras de cereais, zumo e café instantáneo.
• Tamén se achegará de balde a cervexa da festa de clausura.

O Concello destaca a importancia de que as empresas locais apoien –na medida das súas posibilidades- a celebración de eventos destas características que teñen, entre outros obxectivos, a dinamización da economía local e comarcal na que elas desenvolven as súas actividades.