Apoio institucional ás traballadoras condenadas a tres anos de cárcere

62

O alcalde de Pontevedra recibiu esta mañá ás dúas traballadoras da empresa Serviocio, condenadas a 3 anos de cárcere por botar pintura na piscina na folga xeral do 2010. O alcalde quixo mostrarlle o seu pesar pola sentenza e o seu apoio institucional e de todo o goberno local.
“Nun contexto de perda de dereitos laborais e recortes na prestacións de servizos públicos é incompresible o perseguemento a aqueles que loitan polos seus dereitos”, segundo as palabras do alcalde, que adiantou que levará ao próximo pleno unha proposta de acordo (que tratará que sexa por unanimidade dos grupos) para amosar o apoio institucional da cidade ás traballadoras.
Os informes positivos por parte da empresa a unhas empregadas cunha traxectoria profesional impecable debería ser suficiente para evitar o cumprimento da sentenza, que é firme, e atópase na fase de recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional.
Como o recurso de amparo ante o Constitucional non paraliza a execución da condena, estáse a coller firmas para apoiar o indulto e evitar a entrada no cárcere.
Pola súa parte, Tamara e Ana, as traballadoras condenadas, agradeceron emocionadas o apoio que están a recibir dos cidadáns, que as fan sentir moi arroupadas.