Mañá pecha o prazo de captación de voluntariado para Mundial de Duatlon

56

A Oficina Municipal de Voluntariado pecha mañá, 15 de maio, o prazo de inscrición de captación do voluntariado para o Campionato do Mundo de Duatlon 2014.
Até o momento, arredor de 500 persoas de tódalas idades anótaronse como voluntarios, cifra que aínda pode ir en aumento.
Participarán como voluntarios, aos que se lles facilitará a vestimenta e o equipamento necesario, numerosos cidadáns a título particular e membros de diversos colectivos do municipio:
⁃ Brilat
⁃ Centro Penitenciario A Lama
⁃ Escuela Naval Militar de Marín
⁃ Xoán XXIII
⁃ Asociación Xuntos
⁃ Cruz Vermella
⁃ Protección Civil
⁃ Escola de fisioterapia

A maior parte dos voluntarios xa recibiron o curso obrigatorio de voluntariado a pasada fin de semana, e os que aínda non o recibiron por anotarse logo da fin de semana ou nas últimas horas de  inscrición, o recibirán o próximo xoves 22 ás 19.30h no  Casino Mercantil.
Os voluntarios tamén teñen a súa disposición un curso de turismo básico de Pontevedra, para poder amosar aos visitantes e participantes os espazos e a beleza da cidade, que se celebrará na Praza da Verdura o 21 de 17-20h.
O día 22 a Cruz Vermella impartirá un curso de primeiros auxilios na Praza de Mugartegui (se chove será no Casino Mercantil) de 17-19h.
Tamén un curso de Inglés básico o venres 23 de 17-20h no Casino Mercantil para facilitar a comunicación entre os voluntarios e os estranxeiros de fala inglesa.
Estos cursos, agás o curso de voluntariado, non son obrigatorios.