O Concello de Pontevedra amosa a súa repulsa polo asasinato da presidenta da Deputación de León

59

Unha concentración de cinco minutos á porta da Casa do Concello serviu para expresar o rexeitamento institucional do Concello de Pontevedra ao asasinato da presidenta da Deputación de León, Isabel Carrasco Lorenzo.

No acto, encabezado polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, participaron o tenente de alcalde e portavoz socialista, Antón Louro; o portavoz popular, Jacobo Moreira e concelleiros das tres formacións representadas na Corporación municipal.

Estiveron tamén presentes traballadores municipais e algúns cidadáns.

Os cinco minutos de silencio concluíron cun aplauso.