Surfing The Lérez Festival volve á Illa do Covo o vindeiro 14 de xuño na súa cuarta edición

53

A Concellaría de Festas presentou esta mañá o Surfing The Lérez Festival 2014 que se celebrará o 14 de xuño na Illa do Covo. O Concello conta coa participación da Sala Karma e tamén da Comunidade de Montes de Lérez, que apostan ao igual que o Concello pola diversificación dos usos dos espazos públicos, por iso se traslada este… singular festival a unha zona verde coa a Illa.
O Surfing The Lérez chega este ano á súa cuarta edición (e a segunda que se celebra na Illa do Covo) é comezará ás 12.00 horas para rematar ás 00.00 horas.
Até o de agora a programación ten confirmada as seguintes bandas:
• Sex Museum
• The Dustaphonics
• Novedades Carminha
• Maryland
• Las Coronas
• Gog y las hienas telepáticas
• Camarada Nimoy
• Angel Stanich
• Huge Magnet
• Furius Monkey House
• Oscar Avendaño y los profesionales
• Que Desilusión!
• Guerrera
• DJ Gramola
Durante todo o día celebraránse obradoiros para rapaces, graffiti, así como actividades deportivas.
Haberá postos de comida galega, ademais de viños galegos  e cervexa artesanal. Participarán ex alumnos do Centro de Formación Profesional Carlos Oroza.
Dado que a organización non cobrará entrada, si se fará un cobro simbólico xa que “pediremos aos asistentes que traian un paquete de comida non perecedeira, así como produtos para a hixiene persoal”.
Tamén caberá a posibilidade de sacar fotos no festival e nas actividades para subilias ao Integram.
Surfing The Lérez tamén terá actividades previas, durante a semana do festival. Faranse charlas con músicos como Óscar Avendaño; Paulo, voz e guitarra de Camarada Nimoy; ou Luís Boullosa, xornalista e escritor que presentará o seu libro “El puño y la letra”. Tamén haberá un concerto de Caustic Roll Dave.
A promoción de Surfing The Lérez farase por varios pobos da xeografía galega con concertos de bandas da cidade como Querido Extraño, Tractor Troy ou Gold & Colt. Estarán, ademais de en Pontevedra, Boiro, A Coruña, Vilagarcía, Vigo ou Bueu e Cangas. Todas as que participan na edición do ano pasado estarán presentes no Surfing ademais do que foi o cartel da edición 2013 Arizona Baby.